O Concello de Allariz, a Fundación Juana de Vega e a Universidade de Santiago de Compostela, organizan o curso de verán Paisaxes en Producción. Será os días 11,12,13 e 14 de xullo, no Fogar dos Maiores de Allariz.

O curso pretende profundizar en novas formas de xestión do solo rústico que activen economías a pequena escala baseadas nos valores do territorio entendido como espazo produtivo, paisaxe cultural e lugar de vida.

Trátase dun curso práctico onde se traballará por grupos. Plantexaranse propostas baseadas nas conferencias dos expertos sobre os temas analizados. Para elo contarase coa axuda de titores especializados e o diálogo con emprendedores locais.

Máis información sobre o programa, horarios do curso, matrícula e poñentes en http://allariz.gal/paisaxes/.

 

Lugar: Fogar dos Maiores de Allariz (Ourense).