A Sala de Exposicións Municipal de Tui, no edificio da área Panorámica, acollerá o sábado 20 e o domingo 21 de xaneiro a “III Mostra da Camelia Cidade de Tui“. A exposición está organizada pola Asociación Amigos Tudenses da Camelia.

A mostra inaugurarase o sábado ás 12.30 horas e poderá visitarse ese mesmo día de 16.00 a 21.00 horas e o domingo de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Lugar: Sala de Exposicións Municipal, Edificio Área Panorámica. Tui (Pontevedra).