A Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR) organiza unha visita guiada ao Pazo de Rubiáns. Será o sábado 10 de marzo ás 11:00 horas, cunha duración aproximada de dúas horas e media.

Visitaranse os xardíns, os viñedos, a zona de bosque, o espectacular e ben conservado interior do Pazo, a Capela. O percorrido terminará na bodega onde se degustará o viño Albariño que se elabora no propio Pazo.

Prezo: 15 € (os menores de 14 anos non pagan).

Información e inscricións: 658 081 269  /  info@agaexar.gal

Máis información sobre o Pazo de Rubiáns pinchando aquí.

Lugar: Pazo de Rubiáns, Vilagarcia de Arousa (Pontevedra)