Do 16 ao 19 de xullo (29 horas lectivas) celébrase o curso Xardineria e paisaxismo en Galicia: recursos e novos enfoques. Será no Centro de Interpretación dos Parques de Belvís, en Santiago de Compostela.

Obxectivo do curso: coñecer os aspectos de maior relevancia no eido da xardinería en Galicia, orientado cara o paisaxismo, a conservación e o cambio climático. No percurso, introdúcese a xardinería a través da súa historia, o coñecemento dos principais recursos en materia de xardíns de Galicia e a toma de conciencia da importancia e os beneficios destas infraestruturas verdes en relación coa conservación da biodiversidade, da paisaxe e da calidade de vida.

O curso enmárcase dentro do Programa de Cursos de Verán da Universidade de Santiago de Compostela.

As prazas son limitadas. Matrícula ata o día 6 de xullo.

Máis información: http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran

Podedes acceder ao programa do curso pinchando neste enlace: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/cultura/veran/descargas2018/14.p

Lugar: Centro de Interpretación dos Parques. Parque de Belvís, Santiago de Compostela.