Amosámosvos o resumo da nosa visita á 6ª Feira de Plantóns e Sementes Ecolóxicas da Fundación Galicia Verde:

Trátase da primeira vez que acudimos a este encontro, a pesar de xa atoparse na súa 6ª edición. Foi unha oportunidade, non só para adquirir produtos de primeira calidade, senón tamén para coñecer a labor que está realizando a Fundación. A este respecto, en todo momento nos encontramos a voluntarios informándonos sobre os traballos que se estaban efectuando e respondendo a todas as preguntas que se lle ían formulando. Un xesto que agradecemos e que sen dúbida serve para entender moito mellor a multitude de razóns polas que debemos cambiar a nosa maneira de pensar e actuar no que a produtos ecolóxicos se refire.

O certo é que a paisaxe que descubrimos á chegada, a antiga escola e o seu entorno, ao pé do observatorio astronómico (que vos aconsellamos coñecer) deron un encanto especial á nosa visita.

Chegamos sobre as 12 da mañá e xa había bastante xente. Os postos eran moi apetecibles, sobre todo (coma non) os da comida, poidemos comprobar que  o seu sabor era delicioso (estoume acordando agora mesmo dun doce de moras e mazá que estaba boísimo).

Ademais de todo isto: xabóns, cervexas artesanais, plantas aromáticas, de horta, medicinais e de xardín….alimentación variada, pero sobre todo, sementes de todas as clases.

A feira foi amenizada por Servando Barreiro e Anxo Moure, interpretando cancións e contos de todo tipo e paseando o seu gracioso “carriño-burro” de madeira.

Aproveitamos para visitar, tamén, as instalacións do terreo: hortas, invernadoiros… sempre coas explicacións oportunas dos voluntarios da Fundación, como xa mencionamos.

Felicitamos á Fundación Galicia Verde polo éxito desta feira e a gran labor que realiza.

Finalizo coa imaxe dunha das plantas que trouxen para a casa, a stevia, que espero medre sen problemas:

Stevia

Anímovos a visitar a páxina web da Fundación Galicia Verde onde disporedes de máis información sobre os seus proxectos, cursos…: http://www.fundaciongaliciaverde.org/.

Engadir comentario