Blog

A camelia
A camelia é un dos arbustos ornamentais máis abundantes en Galicia e, sen lugar a dúbida, un dos máis apreciados polos afeccionados á xardinería.

Eloxio do bosque
Deixamos xa atrás o verán e comezamos setembro. Facémolo resaltando a importancia dos bosques, cousa que tamén se pode propor a través dos xardíns. Non sempre somos conscientes do valor do noso entorno natural e das especies que alberga, tanto botánicas como faunísticas. Un agosto como o que acabamos de “sufrir”, cunha cantidade intolerable de incendios en Galicia, pon en dúbida o noso respecto polo entorno que nos rodea. É por isto que neste mes decidimos non tratar un xardín en concreto para centrarnos nos bosques, falando a cerca de cómo estes se relacionan cos xardíns, recordando os nosos bosques autóctonos ou os diferentes beneficios que podemos obter deles. Dende a antigüidade,o bosque, ao igual que a horta, foi unha parte inseparable do xardín, como lugar de paseo, con fins produtivos… ou tamén pola súa simple beleza. Pensemos, por poñer un exemplo, no coñecidísimo xardín-bosque de Bomarzo no que o diálogo entre a vexetación e as esculturas termina por acentuar a misteriosa imaxe do lugar. Xa aquí en Galicia, temos o Pazo de Lourizán, no que predominan as especies arbóreas de distintos portes, cores e procedencias. Existen outros xardíns onde se separa claramente o bosque do xardín propiamente dito, coma no Pazo de […]

Notas sobre o xardín da Fundación Sales
« …des vastes splendeurs dont j’orchestre l’harmonie […]. Ce jardin est une tâche terrible, à laquelle je me donne tout entier. Il me prendra mes dernières années et je tomberai épuisé, sous ses branches après lui avoir donné tout mon amour.» O da Fundación Sales é un xardín que poderíamos calificar como de Autor, onde Francisco de Sales Covelo coleccionou durante anos especies vexetais exóticas pola súa orixe. É un espazo aberto ao público onde o rincón creado por este paisaxista pasa a ser experimentado por outras persoas, lles permite coñecer unha parte do seu ideario “posto en obra”; dalgunha forma, participar da súa imaxinación e, sempre, gozar dun lugar único. A cita de Jacques Majorelle (pintor francés que deseña o seu propio xardín en Marrakech en 1924) coa que inicio o texto podería aplicarse perfectamente á relación deste insólito xardín de Vigo co seu autor. Un espazo que expón a mezcla armoniosa de variedade botánica, deseño, o relato dunha historia persoal suxestiva e un indubidable compromiso pedagóxico. O xardín data de 1960. É difícil definir o seu estilo, moi heteroxéneo, aínda que sí poderíamos distinguir marcadas trazas dunha certa influencia oriental. Existen no seu interior varias construccións que, sen embargo, se equilibran co compoñente verde do xardín. A pesares de que sexa de pequenas dimensións (para ser un xardín botánico), os rincóns son […]

Non teño xardín porque non teño horta
Quen estea familiarizado co apego do galego a súa horta saberá recoñecer a importancia real do xardín doméstico nesta comunidade. A nosa querenza pola horta nos leva incluso a encher as despensas dos nosos achegados cos produtos daquela que somos incapaces de consumir, isto demostra que o interese non é en absoluto simplemente produtivo. O verdadeiro cultivador galego goza en realidade con tan so ver medrar os seus froitos e hortalizas ao igual que o xardineiro o fai coas súas plantas: ambos son, de feito, a mesma cousa. O xardín orixinal naceu coa función de satisfacer unha necesidade primaria: alimentarse. Comezouse por cercar un anaco de terra e así protexer da natureza “salvaxe” e dos animais aquilo que cultivarían no seu interior (recordemos como ese acto é relatado por Daniel Defoe na súa novela Robinson Crusoe), logo unha horta é un xardín elemental. Cando non se trata dunha necesidade urxente, vital, o traballo do “xardineiro” é todavía exixente pero ao mesmo tempo produce diversión e nos abstrae de preocupacións mundanas. A recompensa final chega cando leitugas, tomates, pementos, cabaciños… comezan a salpicar coas súas cores o lenzo que con antelación abocetou o horticultor coas súas ferramentas e as súas sementes. Non falta tampouco a […]

Arbutus x andrachnoides
Nome común: madroño híbrido. Sinónimos: Arbutus hybrida Ker.-Gabl., Arbutus serratifolia Lodd. Familia: Ericaceae. Xénero: Arbutus. Árbores e arbustos perennifolios con flores de cor branco, crema ou rosa, pequenas, e en forma de campana. Ofrece froitos vermellos en outono. Detalles: A. × andrachnoides Link., é un gran arbusto que posúe un atractivo tronco vermello con ramas de cor canela-marrón. As follas de cor verde oscuro e brillante. As pequenas flores de branco marfil dispóñense en forma de racimos. Os froitos son pequenos, de cor vermello alaranxado. Origen: SE Europa, SO Asia. O Arbutus x andrachnoides do Pazo da Saleta é un exemplar único en Galicia. Sorprende polos contrastes cromáticos que o destacan con respecto ao seu cotexto. Ao miralo, sobre todo en días de choiva (como a imaxe que sigue), os matices “sanguíneos” que mostra fan pensar en certas intervencións propias do arte contemporáneo. Como exemplos para ilustralo escollimos aquí obras de Andy Goldsworthy (Sycamore leaves edging the roots of a sycamore tree y Rowan Leaves & Hole) e de Manuel Vilariño (Montaña de cúrcuma).

Pazo da Saleta, un “wild garden” en Galicia
O xardín da Saleta é un espacio que se descubre paulatinamente, dada a súa naturalidade e integración no entorno, onde o visitante xoga a percorrer os seus límites entre a natureza que o rodea: un auténtico xardín silvestre. A súa orixe remóntase ao ano 1968, no que un matrimonio inglés, Margaret e Robert Gimson, comezan a transformar o que ata ese momento era un terreo de cultivo en desuso. Tomando como base un deseño da paisaxista Brenda Colvin, dispuxeron o terreo en terrazas e introduciron especies foráneas de climas similares ao das Rías Baixas, convertíndoo co paso dos anos nun xardín botánico. As novas plantas e as súas sementes procedían de diferentes coleccionistas, doutros xardíns botánicos, das súas viaxes, da súa casa en Inglaterra… Robert clasificaba e etiquetaba as especies segundo a súa procedencia ou tipo. Anotaba todos aqueles datos relevantes para cada especie ou variedade, mentres sorteaba os problemas ocasionais que este tipo de xardín acarreaba. Finalmente, Gimson comezou a interesarse de forma particular polas camelias, debido a que esta planta se adaptaba magníficamente ao terreo. Ese é un dos principais motivos polos que a presencia da camelia cobrou unha importancia determinante no xardín. Tras varias décadas, e xa […]

Xardín do Pub Momo
Susana, de A Coruña, propónnos outro xardín oculto en Santiago de Compostela: o xardín do Pub Momo. “É un local moi de moda, entre dúas zonas nocturnas de Santiago, cunha decoración moi detallista e un xardín que non te esperas ao entrar. Ten unha fonte xusto no centro do xardín e moi boas vistas. En ocasións pódese escoitar alí música en directo”, coméntanos Susana. Éstas son algunhas imaxes: ¿Coñecédelo?

DÍA DA NAI 2016: 5 regalos para nais xardineiras
Achégase o día da nai e dende galicianGarden queremos proporvos algunhas ideas para regalar a aquelas nais que sexan aficionadas á xardinaría. Estas son algunhas delas: 1. Regala unha visita a un xardín galego con encanto. Esta é a ocasión perfecta para regalar un paseo por algún dos xardíns de Galicia. Tendes moita variedade: urbans, botánicos, de excelencia, de autor, da ruta da camelia… pódese escoller aquel que encaixe máis cos gustos de cada nai! Se o que prefires é un plan para todo o día (ou incluso máis) contrata un dos Tours que ofrecemos en galicianGarden e poderás combinar esa visita cun paseo en barco onde descubrir as artes da pesca, por exemplo. 2. A suscripción a unha revista de xardíns. Existen numerosas revistas de xardinaría no mercado con posibilidade de suscripcións anuais, mensuais… Propóñovos Garden Illustrated, unha revista que podedes atopar en papel ou en edición orixinal. Aporta moitas ideas sobre deseño, composición de plantas… é moi inspiradora! 3. Un rosal David Austin. Os rosais nunca estiveron entre as miñas plantas preferidas, pero recoñezo que os hibridados por David Austin son rosais de categoría. Posúen un aspecto e aroma semellantes ao dos exemplares clásicos pero cun colorido máis actual. Podedes atopalos á venda […]

EVENTOS: 6ª Feira de Plantóns e Sementes Ecolóxicas da Fundación Galicia Verde
Amosámosvos o resumo da nosa visita á 6ª Feira de Plantóns e Sementes Ecolóxicas da Fundación Galicia Verde.

10 MOTIVOS POLOS QUE visitar un xardín baixo a choiva
Dámosche 10 motivos polos que visitar un xardín un día con choiva

EDUCACIÓN: O pequeno xardineiro, de Emily Hughes
Para todos aqueles e aquelas xardineir@s, con ou sen nen@s, presentámosvos un libro que sen dúbida aumentará a interese pola xardinería de cántos o lean, “O pequeno xardineiro”, de Emily Hughes.

XARDÍNS DO MUNDO: Xapón e as cerdeiras en flor (I)
José Andrés Santiago envíanos dende Kyoto fotografías do maravilloso espectáculo das cerdeiras en flor.

Xardín do Café Costa Vella
Ramón e Sonia escribíronnos dende Santiago de Compostela para falarnos dun xardín oculto: o xardín do Café Costa Vella, no casco antigo da mesma cidade. Segundo contan, soen frecuentalo nos días de bo tempo, sobre todo durante o verán. Baixo as copas das árbores, lonxe da terraza, desfrutan dunha copa de viño, un café… Para eles, un dos maiores encantos do xardín está en que, ao sentarse, se alzan a vista por enriba do muro do xardín perden de vista os tellados da cidade e so ven natureza. Por un momento, e acompañados do relaxante son da auga, a cidade parece estar máis distante. Ademáis, entre os visitantes do xardín soen atoparse tanto turistas como compostelanos. Deixámosvos aquí algunhas fotografías do xardín do Café Costa Vella que esperamos vos gusten. ¿Coñecedes algún outro xardín do que vos gustaría falarnos?

Xardíns de colección
Comezamos abril e con el chega un novo tema mensual a galicianGarden: o coleccionismo nos xardíns.

Parque Reina Sofía e Xardíns de Herrera, en Ferrol
O Parque Reina Sofía e os Xardíns de Herrera, en Ferrol

EDUCACIÓN: Coñecemos as árbores do noso entorno xogando coa baralla “Árbores na Galiza”
Coñecemos as árbores do noso entorno xogando coa baralla “Árbores na Galiza”.

52 Concurso-Exposición Internacional da Camelia: “Os sentidos da camelia”
O Concurso- Exposición Internacional da camelia é a mostra más antiga das moitas que se celebran na actualidade aquí en Galicia. Constitúe un punto de referencia para cultivadores e afeccionados que acoden todos os anos a participar ou, simplemente, a gozar das propostas florais. Contámosvos como foi esta última edición e un pouco da súa historia: Edición 2016 Visitamos o recinto feiral da exposición o domingo día 20, pouco antes da entrega de premios. A afluencia de público era abundante e atopábanse varios medios de comunicación cubrindo o evento. Alí se deron cita 54 expositores e 27 concellos, nunha edición organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Sociedade Española da Camelia (SEC). En primeiro lugar, a posta en escena da mostra pareceunos impecable. Tratábase dunha especie de labirinto “amurallado” por paneis modulares, formado este por bloques de cartón negro. No medio dese gran corredor que nos conducía a través das distintas etapas da exposición, as flores de camelia resaltaban notablemente. Da exhibición en si, non saberíamos dicir que composición nos gustou máis. Por sorte, non somos membros de xurado algún e de todas gozamos. A formulación de base, que tomaba como punto de partida “Os sentidos da camelia”, aparecía en […]

A Ruta da Camelia. Un fermoso paseo que cruza Galicia de norte a sur
A Ruta da camelia surxe no ano 2006 da man de Turgalicia (agora, Turismo de Galicia) en colaboración coa Sociedade Española da Camelia. O percorrido, que en principio comprende 12 dos máis extraordinarios xardíns galegos, recoñece a esta especie botánica coma un símbolo identitario e cultural para a comunidade. Isto permitiu revalorizar cada un dos xardíns que participan na mesma, pero tamén serviu como escaparate –a nivel nacional e internacional- das excelentes condicións que presenta Galicia en canto destino turístico vinculado aos xardíns. A través desta ruta podemos chegar a coñecer ata 80 especies distintas de camelia, así coma 30.000 variedades da súa flor. As provincias de A Coruña e Pontevedra concentran o eixo principal do itinerario, unha liña que percorre Galicia de norte a sur, paralela á costa. Todos os xardíns da Ruta contan con exemplares de camelia relevantes, monumentais e/ou senlleiros, acompañados doutras especies botánicas tamén de características notables. Ao atractivo natural destes rincóns súmanse, ademáis, outros moitos argumentos que fan da súa visita unha experiencia inolvidable. Así ocurre coa auga ou a pedra, elementos que se repiten en cada xardín baixo un sinfín de variacións e combinacións armónicas. Pois cada lugar goza nesta Ruta dun carácter e estilo propio que o diferencia do resto: pazos, parques, castelos, museos, alamedas, e incluso bodegas… Estou segura […]

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2016: Emilia Pardo Bazán e o xardín das Torres de Meirás
Día Internacional da muller 2016: Emilia Pardo Bazán e o xardín das Torres de Meirás.

10 RAZÓNS POLAS QUE… AFECCIONARSE Á CAMELIA
10 RAZÓNS POLAS QUE… AFECCIONARSE Á CAMELIA

Catálogo galego de árbores senlleiras
Unha árbore senlleira é aquela que por gozar dunhas características extraordinarias fanas destacar sobre o resto. Estas particularidades poden referirse a súa idade, tamaño ou outro tipo de “rareza”… convertendo ao exemplar, ou grupo de exemplares, nunha especie de reliquias botánicas. En Galicia contamos con numerosos exemplos deste tipo, que non necesariamente teñen porque ser autóctonos. Moitos deles atópanse en xardíns aos que lles aportan un valor engadido. Estas árbores senlleiras están protexidas pola súa inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras (regulado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo), o que, en principio, garante a súa conservación. Pero ¿cómo se decide qué árbore debe pertencer ao catálogo? Un comité de expertos establece os principios para a súa selección baseándose en criterios de tipo: Dendrométricos (grosor, altura, perímetro tronco…), polos cales foron incluídos a maior parte de carballos, castiñeiros e sobreiras. Biolóxicos, ecolóxicos ou estéticos, coma no caso do ombú do Pazo de Ribadulla. Culturais, coma o que permite destacar a figueira de Rosalía de Castro en Padrón, árbore citada por Rosalía no seu poema “Adiós ríos, adiós fontes” de Cantares gallegos. De situación. Será o conxunto destas propiedades o que faga dunha árbore, ou formación de árbores, […]

Finca de Briz, experiencia en familia
Finca de Briz, experiencia en familia

Un apunte sobre os xardíns de Galicia
Galicia posúe unhas condicións xeográficas, climáticas e edafolóxicas propicias para que os seus xardíns florezan dun modo tan espléndido.

¡Benvidos a galicianGarden!
Ola a tod@s: Son Eva Barcala, a autora de galicianGarden, un proxecto no que levamos xa un tempo traballando e co que pretendemos dar a coñecer o importante patrimonio xardinístico galego dunha maneira amena e próxima. Dende galicianGarden queremos intercambiar ideas sobre paisaxismo e sobre o que podemos considerar como as súas marxes: xardíns históricos, recoñecidos e “segredos”, terreos baldíos, hortas, xardíns domésticos… Acompáñanme moitos amigos e colaboradores que vos irei presentando aos poucos e que darán tamén o seu punto de vista sobre distintos aspectos relacionados co xardín: xardíns cinematográficos ou pictóricos, pedagoxía no xardín, xardíns galegos e internacionais, tours, entrevistas, proxectos de investigación… Todo iso ao redor dun tema en común que iremos propondo mes a mes. Aproveito para agradecer a participación dos propietarios dos xardíns, así como das institucións que se incorporarán ao proxecto. A súa achega é imprescindible para que galicianGarden se converta nun punto de referencia para o sector xardinístico galego. En resumo, espero que a web vos agrade e que poida enriquecer a vosa visión sobre o mundo do xardín. Se queredes porvos en contacto connosco podédelo facer no mail: info@galiciangarden.com Un saúdo!