Os nosos proxectos

Desde galicianGarden desenvolvemos distintos proxectos en colaboración con institucións públicas e privadas. A nosa intención é a de estudar e interpretar o xardín e a paisaxe desde diferentes puntos de vista. Aquí podedes ver algúns exemplos.

Audiovisual

Loading…
  • Documental “Los Días Blancos”

    LOS DÍAS BLANCOS (España, 2011) Duración: 60 min. aprox. Dirección, guión e montaxe: José Manuel Mouriño. Produce: Madeleine Producciones. Colaboración: Fundación Luis Seoane, Instituto Internacional Andrei Tarkovski. Entrevistas: Tonino Guerra, Lora Jablockina, Andrea Crisanti, Andrej A. Tarkovskij, Norman Mozzato. Narración: Patricia Blanco. Asesoramento na busca e selección de localizacións: Eva Barcala. SINOPSE: Pese a tratarse dunha das películas menos estudiadas e reivindicadas da filmografía de Andrei Tarkovski, a súa primeira película rodada no estranxeiro, Nostalgia, condensa moitos dos principais argumentos que caracterizan toda a filmografía deste xenial cineasta soviético. O presente documental intenta recuperar e revisar a verdadeira trascendencia daquela película a través dunha serie de apuntes: certas imaxes fundamentais (moitas delas inéditas), de relato dalgúns dos principais protagonistas daquela rodaxe, o retorno ós lugares orixinais ós que a película fai mención (tanto en Rusia como nas localizacións orixinais da película en Italia) ou a serie de fotografías Polaroid que Tarkovski […]

  • 36 Vistas da Torre de Hércules (2008)

    Dirección e guión: José Manuel Mouriño, sobre textos de X. Kapelán. Produción: Fundación Luís Seoane e Concello de A Coruña. Búsqueda e selección de localizacións: Eva Barcala e José Manuel Mouriño. Duración: 62 minutos. Este documental serviu como apoio á candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade. SINOPSE: O faro é unha figura ambigua, atópase sempre situada entre o mito fundacional e o relato apocalíptico. A súa ubicación é unha sinal máis de dita ambigüedade pois sitúao sempre próximo a unha fractura: sinala o perigo que axexa constantemente á navegación marítima pero marcando, ó mesmo tempo, o inicio (ou o fin) da civilización e o fin (ou inicio) do caos que xorde das profundidades marinas. A súa esencia lumínica vincúlao incluso á imaxe da orixe do mundo -e ó propio cine- e a intermitencia de dita luz, a reflexións sobre a temporalidade e o instante. O faro en funcionamento máis […]

  • Manuel Vilariño. Ser Luz

    Documental ensayístico que propón unha aproximación en imaxes á obra e ao universo argumental do fotógrafo e poeta coruñés Manuel Vilariño.

Exposicións

Loading…
  • Proxecto seleccionado para o Festival de Xardíns de Ponte de Lima 2009

    Eva Barcala e José Manuel Mouriño proxectaron o xardín “Eloxio á Espera”. Formou parte, xunto con outras 11 propostas, do Festival Internacional de Xardíns de Ponte de Lima. O tema escollido naquel ano era o de “As artes no jardím”. O xardín consistía nun terreo espido no que se sembrarían sementes de flores silvestres e sobre o que se instalou un tramo de vía férrea ficticia (con raíles, pedras e travesas de madeira). Co paso dos días, as flores medraron ocultándoa en parte. A intención dos autores era a de resaltar a fermosura das plantas silvestres e introducir un elemento temporal para que o visitante puidera descubrir un xardín en permanente evolución (durante o tempo que duraría aquel festival aberto ó público).

  • Exposición “Cabanas para pensar”

    Asesoramento (na elaboración dos herbarios) para a exposición Cabanas para pensar. Trátase dun proxecto producido pola Fundación Luis Seoane, cuxa sede da Coruña acolleu a mostra en 2011. As fotografías son obra de Eduardo Outeiro, e o comisariado corresponde a Alberto Ruiz de Samaniego e a Alfredo Olmedo. Foi tamén exposta no Centro José Guerrero de Granada, na Fundación Cerezales Antonino y Cinia ou no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Nas imaxes de  E. Outeiro aprécianse as cabanas, nos seus emplazamentos orixinais, de filósofos como Ludwing Wittgenstein ou Martin Heidegger, compositores como Edvard Grieg ou Gustav Mahler, dramaturgos como August Strindberg, escritores como Knut Hamsun, George Bernard Shaw, Virginia Woolf, ou Thomas Edward Lawrence (máis coñecido como Lawrence de Arabia), poetas como Dylan Thomas, ou cineastas como Derek Jarman. Acompañaban ás fotografías unha serie de planos arquitectónicos de cada unha das cabanas, maquetas e unha selección de herbarios procedentes de cada un dos […]

Investigación

Loading…
  • Proxecto de Investigación sobre o paisaxista Sales Covelo

    Eva Barcala, en colaboración coa Fundación Sales, realiza un estudo sobre a obra e vida do paisaxista vigués Francisco de Sales Covelo, así como a catalogación dos documentos que existen na sede da devandita Fundación. Traballamos, tamén, en concluír unha listaxe dos xardíns deseñados por este paisajista en Galicia. EN CURSO

Publicacións

Loading…
  • Publicación “Galicia en 22 jardines”

    Guía de xardíns dirixida por Eva Barcala en colaboración con José Manuel Mouriño, para a Axencia de Turismo de Galicia. Contén información práctica, textos e fotografías de 22 de entre os xardíns visitables máis relevantes de Galicia, así como outras recomendacións e suxerencias. DE PRÓXIMA PUBLICACIÓN

  • Artigo no catálogo ”Cabañas para pensar”

    No catálogo da exposición “Cabañas para pensar”, de edicións Maia, inclúese un artigo de Eva Barcala titulado “Xurdir da nada. Dereck Jarman e o xardín de Prospect Cottage”.

Ir arriba