galiciangarden.com é un proxecto de divulgación e promoción dos xardíns galegos a través dunha plataforma dixital plurilingüe (galego, castelán e inglés) e a través de tres alicerces básicos: a investigación, o turismo e a educación.

Vinculados á web, deseñaranse e xestionarán unha serie de actividades, exposicións, seminarios, ou materiais didácticos (pensados para a educación desde o xardín e para estimular o respecto á nosa flora e fauna). O obxectivo: a difusión e posta en valor do patrimonio cultural e natural de Galicia.

En última instancia, a intención é a de avogar pola consolidación e exportación dun concepto atractivo a distintos niveis: o Xardín Galego.