Neste amplo parque, dunhas 3 hectáreas de superficie, atopamos unha gran zona de pradería arredor dun pequeno arroio. Os muros de granito organizan a pendente do terreo baixo o Seminario Menor.

Dende a parte máis alta desta zona verde podemos gozar dunhas vistas privilexiadas do casco antigo da cidade.

Belvís recuperou nos últimos anos as súas antigas hortas para o uso dos seus cidadáns mediante prácticas tradicionais e de cultivo ecolóxico. O éxito da iniciativa foi tal que deu lugar á creación do mercado “Entre Lusco e Fusco”, no mesmo parque, todos os martes sobre as 19:00 da tarde, onde se poden adquirir productos locais, ecolóxicos e de comercio Xusto.

Posúe tres labirintos de camelias.

Horario de visitas

Aberto sempre ao público

Precio de entrada

GRATUITO

 

Dirección

Nuestra dirección:

Belvís 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

GPS:

42.87845395381815, -8.53833806312241

Teléfono:

Nuestras útiles categorías y servicios

Eventos

Acceso a minusválidos

Xogos infantís