Que a choiva non te impida gozar da natureza. Pode ser a escusa perfecta para intensificar a túa experiencia. Dámosche 10 motivos polos que visitar un xardín baixo a choiva:

  • Aproveita para enfundarte as botas de auga e o impermeable. Pode ser unha indumentaria do máis cómoda.
  • Detente a escoitar o son das gotas.
  • Rexuvenece: a choiva no xardín te levará aos anos nos que de verdade gozabas da natureza (salta nos charcos).
  • Goza do olor a terra mollada.
  • Síntete único. Os xardíns soen estar valeiros e tranquilos os días chuviosos.
  • Descóbrete a ti mesmo máis preto da terra (afunde os pés no barro).
  • Contempla a paisaxe dunha maneira diferente. A auga crea matices novos en tódalas cores.
  • Reláxate: a harmonía coa que a choiva inunda un xardín é unha boa oportunidade.
  • Ao voltar á casa, despois dun gran paseo, empapado, verás que ben senta unha ducha de auga quente.
  • Se vives en Galicia, síntete afortunado, porque poderás experimentar todo isto durante a maior parte do ano (e se non vives aquí, ven, visita un xardín galego e compróbao por ti mesmo).

Engadir comentario