mayo 4, 2017

Schedule

Date:

Curso de Endoterapia Vexetal

AGAEXAR ( Asociación Galega de Empresas de Xardinería) organiza o Curso de Endoterapia Vexetal, un método alternativo de tratamentos fitosanitarios das árbores, respecto aos tradicionais tratamentos aéreos.

A endoterapia consiste na inxección no tronco dunha sustancia nutritiva ou fitosanitaria que se distribúe por todo o sistema vascular da planta. Caracterízase pola ausencia de nebulización ou atomización de produtos químicos no ambiente, e pola seguridade para a saúde dos cidadáns, podéndose utilizar a calquera hora do día. Ten a vantaxe, ademáis, de poder focalizar o tratamento, evitando así os tratamentos indiscriminados.

O curso impartirase o xoves 4 de maio, de 09:30 a 17:00 horas, no Hotel Puerta del Camino, C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña

O prezo para as empresas asociadas é de 45€, e para as non asociadas e interesados en xeral é de 60€.

Contidos:
•árbores- fisioloxía e características, danos, pragas, enfermidades e fisiopatías
•inxección ao tronco- fundamentos, evolución, tipos de sistemas, características, eficacia e limitacións
•produtos e formulacións- pragas, enfermidades
•normativa e boas prácticas de inxección
•práctica de inxección directa- casos prácticos reais

Máis información e inscricións: AGAEXAR – 658 081 269 – info@agaexar.com

Venue:

Hotel Puerta del Camino, C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña