O prezo para as empresas asociadas a AGAEXAR é de 150 €, e para os non asociados e público en xeral é de 200 €.
Información e inscricións: AGAEXAR – 658 081 269 – info@agaexar.com
Obxectivos: Gracias ao seu doado uso e a súa gran potencia convertirase nunha ferramienta básica para todas as persoas que necesitan presentar os seus debuxos en 3D de forma rápida e profesional. Permite realizar un proxecto de principio a fin sen sair do programa e disfrutando do proceso. Sketchup, con ferramentas como LayOut, Style Builder ou a posibilidade de incorporar extensións, será tan potente como o usuario desexe que o sexa.
Características do Programa:
- Modela en 3D de maneira fácil e precisa: debuxar formas utilizando as intuitivas ferramentas para gráficos, e coa ferramenta extrusión “empuxar/tirar”, que simplifica o modelado, e transfórmaas en 3D. Utilizar a gama de cores e texturas para incrementar o realismo. Deseñar, especificar e planear con toda a cantidade de detalles desexados con sólidas ferramentas (sobre, unión, corte, intersección, …)
- Importar e exportar CAD e outro tipo de datos: SketchUp Pro pode ler e xerar moitas extensións de arquivos e o propio programa require unha instalación e execución sinxela.
- Utilización en calquera etapa do proxecto: ferramentas personalizables, útiles dende as primeiras etapas de deseño esquemático ata o final da administración da construcción. Creación de modelos en 3D con características e comportamentos personalizados xerando debuxos precisos a escala con efectos que mostren o modelo con planos, seccións, elevacións ou perspectivas.
- Creación de presentacións convincentes: engadindo etiquetas e exportando animacións que faciliten a súa comprensión.
- Mellora a túa experiencia de usuario e optimiza o teu tempo de aprendizaxe e traballo: intuición e rapidez de uso con útiles consellos contextuais e recursos formativos. Milleiros de modelos 3D gratuitos dispoñibles en internet.
- Adaptación a calquera sector e necesidade: podes engadir ademáis especialidades e funcionalidades adaptadas as túas preferencias de deseño, modelado ou renderizado engadindo plugins.
- Versións gratuitas e de pago con diferentes prestacións. SketchUp Makee SketchUp Pro con servizos de soporte gratuitos.