Schedule
Exposición «As nosas senlleiras»

Dende o 15 de setembro e ata o 1 de outubro pódese disfrutar da exposición As nosas senlleiras no Pazo dos Liñares de Lalin . A mostra rotará por varios concellos de Pontevedra ( Moraña, Fornelos de Montes, A Lama e Vilaboa) co fin de dar a coñecer as árbores senlleiras da provincia, informando aos visitantes sobre o valor patrimonial, botánico, científico e histórico das mesmas.
A mostra inclúe unha selección de 35 árbores que aparecen referenciadas de maneira individual, con paneis ilustrativos ( imaxe e ficha actual) e unha planta de pequeno tamaño da mesma especie. Tamén poderemos observar un mapa coas 48 árbores senlleiras e 9 formacións de 41 especies botánicas catalogadas na provincia.
A iniciativa enmárcase no programa de actividades do Ano do Patrimonio, realizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Estación Fitopatolóxica Areeiro.