febrero 15, 2018

Schedule

Date:

Feira-Exposición de planta de Galicia Arco Verde

Os días 15, 16 e 17 de febreiro de 2018 celebrarase no Recinto Feiral de Amio, en Santiago de Compostela, a Feira-Exposición de planta de Galicia.

Segundo os organizadores do evento, nesta edición poderemos atopar, ademáis de planta ornamental, forestal e froiteira, tamén plantel de horta e complementos (Fitosanitarios, abonos, equipos de rego,…), todo o necesario para o mundo do viveirismo e dos centros de xardinería.

Impartiranse, ademáis, charlas técnicas para productores e comerciantes:

1.- Material vexetal de castiñeiro para usos múltiples e programa de mellora xenética. Impartida por Dña. Josefa Fernández, Centro de Investigacións Forestais de Lourizán. (Día 15 de febreiro, Hora: 16:30).

2.- Proxecto MAELOC – Caracterización de variedades autóctonas de maceiras de sidra en Galicia. Impartida por D. José Luis Olmedo, Xestor de Proxectos de I+D+I de Estrella Galicia. (Día 16 de febreiro, Hora: 12:00).

3.- Novidades en sanidade vexetal. Impartida por D. Víctor Novo, Xefe de servizo de Sanidade Vexetal da Xunta de Galicia. (Día 16 de febreiro, Hora: 17:00).

4.- Masterclass para motivar ao cliente final en centros de xardinería. Técnicas teórico –prácticas de exposición de producto, color, distribución. Impartida por D. Jordi Abelló, Visual Merchandising. Interiorista. Asesor técnico de empresas do sector. Profesor de l’escola d’art floral i paisagisme de Barcelona. (Día 17 de febreiro, Hora: 11:00).

Proxecto “Vilas Floridas”. Ponse en marcha co obxectivo de potenciar os espazos verdes urbanos e a súa xestión sostible. “Vilas floridas” pretende premiar a aqueles municipios que destaquen polo seu patrimonio vexetal e paisaxístico, polo seu respeto ao medio ambiente e a sostenibilidade, ademais de mellorar a calidade de vida nas zonas urbanas, entre outros aspectos.

Tamén se celebrará a 1ª edición dos Premios de Xardinería Agaexar 2017.

Na feira haberá un espazo destinado á nova marca “Planta Ornamental de Galicia – Galicia Calidade”. A norma, desenvolvida por ASVINOR, Fundación Juana de Vega e a Xunta de Galicia, busca impulsar a competitividade das empresas, ao tempo que supón para os consumidores un certificado que garante o cumplimento dun estándar de calidade e a procedencia do produto que adquiren.

Horario da mostra: 10:00 horas a 18:00 horas.

Máis información en ASVINOR

Venue:

Recinto Ferial de Amio, Santiago de Compostela.