mayo 13, 2017

Schedule

Date:

Inauguración VIII Festival Internacional de Xardíns de Allariz

O sábado 13 de maio, ás 20:00 horas inaugurarase a edición VIII do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que permanecerá aberto ata o vindeiro 29 de outubro.

O tema deste ano é «Os Xardíns da memoria». Unha mirada á historia con motivo do 700 aniversario da orixe da Festa do Boi en Allariz. . Pasaxistas chegados dende Galicia, Madrid, Brasil, República Checa , Austria ou México centraron os seus deseños no coñecemento da memoria ou na ausencia da mesma. En total, 10 proxectos que competirán entre eles a través do voto do publico.

Exhíbense tamén o xardín deseñado polos alumnos do colexio Padre Feijóo de Allariz e o gañador  da pasada edición, o xardín “Terraformación” do galego José Souto.

 

 

Venue:

Paseo Portovello - 32660 ALLARIZ (Ourense)