marzo 18, 2017

Schedule

Date:

Xornada de Xardinería Ecolóxica: Fitosanitarios ecolóxicos para o mantemento do xardín.

Agaexar organiza unha Xornada de Xardinería Ecolóxica centrada no coñecemento e preparación de fitosanitarios ecolóxicos a partir de plantas presentes nos xardíns, de forma que poidamos utilizar estos productos respetuosos co medio ambiente no mantemento dos xardíns.

Terá lugar o sábado 18 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas, no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela.

Obxectivos: a xornada busca que o asistente coñeza as diferentes pragas e enfermidades máis comúns do xardín e as formas naturais de combatilas, para seleccionar aquela solución máis acorde á patoloxía sufrida na planta ornamental. Dar a entender as vantaxes que teñen estos procesos verdes, en todos os ámbitos, frente a outras solucións de xardinería convencional.

PROGRAMA (4h):

Contidos:
1. Introdución á xardinería ecolóxica
• Introdución a la xardinería ecolóxica
• Comparativa de xardinería convencional e xardinería ecolóxica
• O xardín biofitosanitario

2. Pragas e enfermidades máis comúns en xardinería

3. Mantemento e control fitosanitario
•  Selección de especies ornamentais para tratamentos naturais
• Tratamentos fitosanitarios

4. Caso práctico

A xornada será impartida por Raquel Cid, Técnica en Xardinería e Agricultura  Ecolóxica y Delegada en Galicia da Asociación Española de Xardinería Ecolóxica (AEJEco).

 

Máis información e inscricións: info@agaexar.com / 658 081 269
Prezo: 30 € asociados e 35 € non asociados. Inclúe coffee break

Venue:

Hotel Puerta del Camino. C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15707, de Santiago de Compostela (A Coruña)