Schedule
Xornada Internacional «Camelia e Paisaxismo»
A Escola Galega da Paisaxe, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia organizan coa colaboración da Sociedade Española da Camelia a Xornada Internacional «Camelia e Paisaxismo»
Contará coa participación de expertos internacionais como Gao Jiyin, autor de dous importantes libros de camelia editados nos derradeiros anos, e obtentor de máis de 250 hibridos. Jacques Soignon director do Departamento de Espacios Verdes da ciudade de Nantes (Francia) explicará a experiencia paisaxistica desta cidade coa camelia como protagonista urbana. As paisaxistas Isabel Aguirre e Cristina Castel Branco falarán das camelias na paisaxe de Galicia e Portugal respectivamente. Pilar Vela e Carmen Salinero tratarán á camelia en Galicia ao longo do tempo. Por último, José Collazo, presidente da Asociación de Empresarios Viveristas do Noroeste, Asvinor, falará do sector viverístico da camelia en España e Europa.
A matrícula da xornada (incluidos os cafés e dúas comidas) ascende a 50 € para público en xeral, e 30 € para alumnos e exalumnos da Escola Galega da Paisaxe.
Máis información e inscricións: http://juanadevega.org/es/