junio 8, 2017
Schedule
Date:
40ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

Do 8 ao 11 de xuño de 2017, o recinto feiral de Silleda acollerá, como cada ano, unha nova edición (a 40) da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Estarán presentes expositores de sectores como a gandería, a industria, a xardinería ou o sector servizos, entre moitos outros. Haberá actividades para todos os públicos:
- En Salimat Abanca os Encontros de Compradores, área de productos innovadores Alinova, catas, showcookings…
- En Fecap Abanca demostracións de caza, pesca, cetrería, tiro ao blanco, Exposición de Cans de Caza…
- En Turexpo Galicia e Festur a Bolsa de Contratación Turística, representacións, degustacións…
- Presentacións de producto
- Exhibicións de competicións caninas e equinas
- Exposición de reptiles
- Concursos e mercado de razas autóctonas en perigo de extinción
- Espectáculos de motor e mostra de vehículos militares
- Circuito de karts, buggies e bicis eléctricas
- A Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia
- Presencia de personaxes de ficción
- Actuacións musicais e de baile
- Zonas de ocio infantil e xuvenil
- Obradoiros de diversas temáticas
- E novas actividades para celebrar o seu 40 aniversario
Para máis información: http://www.semanaverde.es/index.php/es/
Venue:
Silleda (Pontevedra)