Xardín do Pub Momo

Susana, de A Coruña, propónnos outro xardín oculto en Santiago de Compostela: o xardín do Pub Momo. “É un local moi de moda, entre dúas zonas nocturnas de Santiago, cunha decoración moi detallista e un xardín que non te esperas ao entrar. Ten unha fonte xusto no centro do xardín e moi boas vistas. En ocasións pódese escoitar alí música en directo”, coméntanos Susana. […]

DÍA DA NAI 2016: 5 regalos para nais xardineiras

Achégase o día da nai e dende galicianGarden queremos proporvos algunhas ideas para regalar a aquelas nais que sexan aficionadas á xardinaría. Estas son algunhas delas: 1. Regala unha visita a un xardín galego con encanto. Esta é a ocasión perfecta para regalar un paseo por algún dos xardíns de Galicia. Tendes moita variedade: urbans, botánicos, de […]

Xardín do Café Costa Vella

Ramón e Sonia escribíronnos dende Santiago de Compostela para falarnos dun xardín oculto: o xardín do Café Costa Vella, no casco antigo da mesma cidade. Segundo contan, soen frecuentalo nos días de bo tempo, sobre todo durante o verán. Baixo as copas das árbores, lonxe da terraza, desfrutan dunha copa de viño, un café… Para […]