Un ano máis, o experto en plantas acuáticas de Kew Gardens, Carlos Magdalena, visita a Fundación Sales. Con el realizarase unha charla e unha visita informal no entorno do xardín. Será o sábado 29 de xullo en horario de 18:00 a 20:00 horas.

A entrada é de 5 euros (amigos da fundación 3 euros) previa inscrición no correo electrónico info@salesxardin.com. Poderase tomar un viño con Carlos Magdalena no xardín e facerlle todo tipo de preguntas sobre o nenúfar xigante Victoria Regia, sobre as aventuras entre os “freshies” dos charcos do bush australiano…

Carlos Magdalena acaba de publicar o libro The Plant Messiah, da editorial Penguin, onde nos fala sobre as súas aventuras salvando plantas da extinción por todo o mundo.

Location: Fundación Sales, Avenida de Europa 52, Vigo.