O día 2 de maio Luis Paulo Ribeiro, profesor do Instituto Superior de Agonomía da Universidade de Lisboa, impartirá a conferencia “As redes de corredores verdes e azuis como expoñente máximo da evolución da paisaxe humanizada“. Terá lugar na Fundación Juana de Vega.

Fundación Juana de Vega ven organizando distintas actividades desenvolvidas no marco do Máster de Arquitectura da Paisaxe 2016- 2017 da Escola Galega da Paisaxe, entre elas, o Ciclo de Conferencias sobre Paisaxe. Esta da que vos informamos é unha delas.

Location: Fundación Juana de Vega. Rúa Salvador Allende 92, San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña)