Co curso de V-Ray poderás mellorar e realizar presentacións fotorrealistas dos teus proxectos. Impartirase nas instalacións de GDoce (Polígono do Tambre de Santiago de Compostela). Ten unha duración de 16 horas, e terá lugar os venres 31 de marzo e 7 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 horas.

O prezo para as empresas asociadas a AGAEXAR é de 150 €, e para os non asociados e público en xeral é de 200 €.

Información e inscricións: AGAEXAR – 658 081 269 – info@agaexar.com

Obxectivos: Este curso de V-Ray é para usuarios de SketchUp que queiran profundizar no renderizado do modelo 3D, incluíndo composición de escenas, iluminación, texturas e materiais, así como unha pequena introdución á postprodución e retoque fotográfico. V-Ray para SketchUp é un potente plugin de visualización e presentación de proxectos que proporcionará unha rápida e poderosa solución de renderizado sen salir de SketchUp, ten un rico e completo set de funcións e características que o converten na ferramenta de renderizado líder pola súa rapidez e realismo.

Temario:

  • Introdución: repaso de conceptos de SketchUp: grupos/compoñentes, esquema/capas e sólidos/escala. Introdución a V-Ray con SketchUp: interfaz gráfica, vismats e presets.
  • Escenas e obxectos: composición de escena, organización con esquema/capas, colocación cámara, xestión de escenas e por qué manter puntos de vista. Obxectos: organización en capas, concepto de proxy e creación e xestión de proxyes.
  • Iluminación: luces omnidireccionales, rectángulo de luz, luces focales, perfiles IES, cúpulas e esferas de luz, luz de ambiente, HDRI, interior/exterior.
  • Materiais: vismats (qué son e para qué sirven), capa de reflexión, reflexos fresnel, reflection glossiness, capa de refracción, IOR (Indice de refracción), refraction glossines, materiais emisivos, intensidade, cor, mapas de texturas, mapa de bump, mapa de desplazamento, transparencia.
  • Parámetros de render: máquinas de renderizado, irradiance map, QMC (quasi Montecarlo), cache de luz, luces e sombras, profundidade de campo, cámara física, ISO, exposición (shutter speed) e F-number, caustics, resolución da imaxe.
  • Postproducción e plugins: introdución á postproducción (vbf channels e retoque fotográfico), plugins recomendados

Location: Instalacións de GDoce. Polígono do Tambre, Vía Edison, parcela C52, 15890 de Santiago de Compostela.