Dende o 15 de setembro e ata o 1 de outubro pódese disfrutar da exposición As nosas senlleiras no Pazo dos Liñares de Lalin . A mostra rotará por varios concellos de Pontevedra ( Moraña, Fornelos de Montes, A Lama e Vilaboa) co fin de dar a coñecer as árbores senlleiras da provincia, informando aos visitantes sobre o valor patrimonial, botánico, científico e histórico das mesmas.

A mostra inclúe unha selección de 35 árbores que aparecen referenciadas de maneira individual, con paneis ilustrativos ( imaxe e ficha actual) e unha planta de pequeno tamaño da mesma especie. Tamén poderemos observar un mapa coas 48 árbores senlleiras e 9 formacións de 41 especies botánicas catalogadas na provincia.

A iniciativa enmárcase no programa de actividades do Ano do Patrimonio, realizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Estación Fitopatolóxica Areeiro.

Se vos interesa este tema podedes ler os nosos artigos relacionados Catálogo gallego de árboles singulares e Larga vida al Carballo de Santa Margarita.
Máis información na web da Deputación de Pontevedra.

Location: Pazo de Liñares, Lalín (Pontevedra)