Ourense celebra a primavera coa Festa dos Maios, declarada de Interese Turístico de Galicia. Os maios, figuras creadas a partir de plantas, flores e froitos, exporanse durante o domingo 7 de maio na rúa do Paseo.

O programa é o que segue:

11.00 h:  Colocación de maios.

11.30 h:  Actuación de gaiteiros e cabezudos.

12.00 h:  Almorzo en pérgola e cántico de coplas.

16:30h:  Xogos populares e obradoiros de enredos naturais.

18.30 h:  Entrega de premios e cántico de coplas.

19.00 h:  Actuación musical.

Ao longo do día elaborarase un maio en directo.

Fonte imaxe:https://desdeminstagrama.wordpress.com

Location: Rúa do Paseo, Ourense.