Os días 17 e 18 de febreiro celébranse dous eventos moi interesantes no Convento do Carme de Padrón: A I Expo-Feira de plantas de colección e a V Exposición da camelia e do bonsai.
En palabras do seu organizador, José Freire: “Dende fai 5 anos vimos organizando a Exposición da Camelia e Bonsai no Convento do Carme de Padrón, o entorno e o seu claustro son do mellor, co cal nada mais entrar o visitante queda fascinado coa armonía que forman a pedra, os bonsais e 50 metros lineais de espectaculares flores de camelia, todas de diferentes variedades aportadas por unha media de 40 expositores coleccionistas chegados de diferentes lugares da península.”
A exposición acompáñase das pinturas da artista Rosa Crespo, coleccionista de camelias e pintora, e das esculturas de Camilo Seira.

Con respecto aos bonsais, os seus expositores son locais. Un deles, Luis Baliño, conta con varios premios a nivel nacional e internacional.

Pero a novidade deste ano é, sen dúbida, a primeira feira de plantas de colección de Galicia, que xa cuenta con un número importante de expositores procedentes de lugares como o País Vasco, Valencia, Sevilla, Madrid, Santander, Portugal y Galicia. Nela poderemos atopar, por exemplo, orquídeas, camelias, magnolias, ilex, fentos arbóreos, cactus e crasas, begonias, bulbos sudafricanos, ferramentas especiais de xardín, bonsais e complementos, plantas aromáticas e culinarias, planta tropical e subtropical, etc…de diferentes variedades e en xeral pouco comúns ou difíciles de conseguir.

Location: Convento do Carme. Calle Costanilla del Carmen, Padrón (A Coruña)