Os días 3 e 4 de febreiro celébrase a “I Mostra Camelias e Mar” no Museo Manuel Torres de Marín. Xunto á exposición de flores poderemos contemplar a pintura de Rosa Crespo e unha mostra de fotografías de afeccionados ás camelias.

A inauguración da mostra será o sábado 3 de febreiro ás 13.30 horas. Permanecerá aberta ao público ese mesmo día de 16:30 horas a 21:00 horas, e o domingo 4 en horario de 11:00 horas a 14:00 horas e de 16:30 horas a 20:00 horas.

Location: Museo Manuel Torres. Marín (Pontevedra)