A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT), a  Associação Nacional de Empresas Florestais, Agrícolas e do Ambiente (ANEFA) de Portugal, e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) organizan as II Xornadas de Xardinería Galaico-Portuguesas. Será no Hotel Oca Vila de Allariz o 19 de outubro.

O tema a tratar este ano é o das paredes verticais e as cubertas axardinadas.

 

Poñentes:

 

Dani Lacueva Falcó (Director Técnico de Babilon S.L, e Vicepresidente de ASESCUVE)

Enric Sancho (Director Técnico de Cultidelta S.L.)

Rui Reis (Arquitecto Paisaxista)

Filipa Mateus De Almeida (Enxeñeira Agrónoma)

Paulo Palha (Enxeñeiro Agrónomo).

 

Programa:

 

11.00. Recepción dos participantes.
11.15. Inauguración institucional, a cargo de Xosé Lago, Director da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, AECT, e representantes da Xunta de Galicia e da Comissao de Coordenacao e Desenvolvimento Regional – Norte (CCDR-N).
11.30. Beneficios dos xardíns verticais e cubertas axardinadas no ámbito urbano; por Dani Lacueva Falcó, Director Técnico de Babilon S.L.
12.00. COFFEE BREAK
12.30. Sistemas ecolóxicos en sistemas de cubertas e planos verticais, tendencias ou necesidade?. A cargo de Rui Reis, Arquitecto Paisaxista.
13.00. Cubertas e Paredes Vivas; por Filipa Mateus De Almeida, Enxeñeira Agrónoma.
13.30. Criterios para a selección de especies en cubertas vexetais, por Enric Sancho, Director Técnico de Cultidelta S.L.
14.00. Cubertas verdes e os seus benefícios. A cargo de Paulo Palha, Enxeñeiro Agrónomo.
14.30. Comida.
15.30. Paseo do río Arnoia e visita ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz.

 

As prazas son limitadas, polo que é necesario confirmar a asistencia.

Para inscribirse as Xornadas, débese contactar con Agaexar a través do teléfono 658 081 269 ou do correo electrónico info@agaexar.gal

Location: Hotel Oca Vila de Allariz. Allariz (Ourense)