O sábado día 11 de novembro  realizarase un percorrido botánico polo xardín da Fundación Sales en horario de 11:00h a 13.30 h. O prezo será de 5 euros, 4 euros para Amigos da Fundación. É necesaria previa inscrición en info@salesxardin.com.

A esa mesma hora, Kiare Innovarte Floral impartirá alí un obradoiro de kokedamas.

Location: Fundación Sales, Avenida de Europa 52, Vigo.