Presentación do libro Robles, hombres y dioses, escrito por Jesús IzcoSerá o 15 de novembro ás 7 da tarde, na Academia de Farmacia de Galicia.

Descrición do libro:

“Este libro trata dos usos etnobotánicos dos carballos, sobreiras e aciñeiras, dende unha perspectiva histórica e europea, integrando as diversas ramas do saber, tanto ciencias naturais como sociais. A partir desta omnipresencia dos quercus en todos os territorios europeos, o autor quixo dar unha visión persoal do significado dos carballos para o común dos homes, dende moitos puntos de vista e áreas do coñecemento, sempre coa vista posta no seu entorno xeográfico e cultural máis próximo, Galicia, territorio rico en ancestrais tradicións, propias do arcaísmo do noroeste ibérico, que se proxecta non so á Península Ibérica senón a Europa. Os europeos somos fillos dos carballos -e dos seus irmáns a enciñeira e a sobreira-, tanto na súa consideración de árbores físicas coma se se entenden como referentes da nosa idiosincrasia: das nosas emocións, da nosa visión cosmolóxica, vinculados de maneira persistente e extensa as nosas deidades, como tótems da diversidade antropolóxica dos habitantes de Europa. Parece que apenas quedan restos desa relación. Mais si se profundiza nas manifestacións folclóricas, nas festividades, na toponimia, en frases feitas, nas nosas declaracións amorosas, na impartición da xustiza ou no cumplimento do compromiso dado, aparecen relacións cos carballos, que teñen as súas orixes nas antigas culturas mediterráneas, grega e romana principalmente, ou nas pretéritas culturas dos homes das costas atlánticas ou das terras do interior do continente. É pois un libro sobre etnobotánica, no máis amplo senso do térmo, que tece unha rede entre as distintas manifestacións do uso dos carballos en distintas terras e distintas épocas.”

Location: Academia de Farmacia de Galicia. C/ San Roque, nº 2. Santiago de Compostela.