O xoves 11 de maio ás 20:15 horas presentarase o libro O xardín da Casa de Rosalía, de Carlos Rodríguez Dacal no auditorio da Fundación, Casa-Museo Rosalía de Castro, en A Matanza (Padrón).

Participan:

– O autor, Carlos Rodríguez Dacal

– O alcalde de Padrón, Antonio Fernández

– A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín

– O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira

Posteriormente á presentación, o autor guiará unha visita pola horta, que cuenta con nova rotulación botánica.

Location: Casa-Museo Rosalía de Castro, en A Matanza (Padrón).