Os días 26, 27, 28 e 29 de xuño impártese o curso “Seguridade nos traballos de arboricultura: Técnicas avanzadas de trepa” no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo. Nel ensinaranse diferentes técnicas de trepa, dende o nivel básico ata o avanzado, tendo en conta a seguridade no traballo.

Programa:

  • Single rope technique (SRT). Ascenso, aseguramento de corda, materiais.
  • Sistema HAAS. Simple e doble
  • Reenvíos. Recuperación
  • Posicionamento. Desplazamentos.
  • Rescates. Simulacións. Demostracións.

Para realizar o curso será imprescindible ter coñecementos básicos de trepa.

Máis información en cfea.guisamo@edu.xunta.es e na páxina web http://www.cfeaguisamo.org .

Location: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo Lg. Bos, 14 – Guísamo (Estrada N-VI Km. 581) 15640 – Bergondo (A Coruña)