O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) organiza o V Obradoiro de Técnicas Básicas de Debuxo na Naturaleza. Será impartido por Calros Silvar, debuxante e ilustrador especializado en ilustración na naturaleza, os días 6 e 13 de maio en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O curso está dirixido a naturalistas, ornitólogos, biólogos, educadores ambientais, monitores de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONGs ambientalistas, estudiantes de arte e universitarios, e público en xeral.

Programa do curso:
– Conceptos básicos e consellos de execución.
– Materiais e técnicas específicas: encaixe e proporción, grafismo-liña de contorno e xestual, texturas e valoración tonal.
– Nocións de perspectiva artística e composición.
– O caderno de campo.
– Prácticas de campo

Necesítase block de debuxo, lápis 2B, goma e, optativamente, acuarelas.

Cuota de inscrición 30 €. Prazas limitadas

Máis información en: http://www.ceida.org e 981 630 618.

Location: CEIDA, Castelo de Santa Cruz, Oleiros (A Coruña)