O venres 1 de decembro, nas instalacións do INGACAL-CIAM  (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo) celebrarase a 3ª Xornada “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade”, onde os ponentes exporán investigacións e resultados, experiencias e consellos de técnicas agrícolas e gandeiras que beneficien a conservación da biodiversidade.

A xornada é gratuita e aberta ao público, en horario de mañá de 09:30 a 14:00h.  É necesario reservar praza a través do formulario habilitado na seguiente dirección: http://gnhabitat.org/3a-xornada-paisaxe-agraria-galega-biodiversidade/

Location: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo