Do 8 ao 11 de xuño de 2017, o recinto feiral de Silleda acollerá, como cada ano, unha nova edición (a 40) da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Estarán presentes expositores de sectores como a gandería, a industria, a xardinería ou o sector servizos, entre moitos outros. Haberá  actividades para todos os públicos:

  • En Salimat Abanca os Encontros de Compradores, área de productos innovadores Alinova, catas, showcookings…
  • En Fecap Abanca demostracións de caza, pesca, cetrería, tiro ao blanco, Exposición de Cans de Caza…
  • En Turexpo Galicia e Festur a Bolsa de Contratación Turística, representacións, degustacións…
  • Presentacións de producto
  • Exhibicións de competicións caninas e equinas
  • Exposición de reptiles
  • Concursos e mercado de razas autóctonas en perigo de extinción
  • Espectáculos de motor e mostra de vehículos militares
  • Circuito de karts, buggies e bicis eléctricas
  • A Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia
  • Presencia de personaxes de ficción
  • Actuacións musicais e de baile
  • Zonas de ocio infantil e xuvenil
  • Obradoiros de diversas temáticas
  • novas actividades para celebrar o seu 40 aniversario

Para máis información: http://www.semanaverde.es/index.php/es/

Location: Silleda (Pontevedra)