Ubicado nas Terras do río Ulla, este xardín rústico, de grande naturalidade, posúe diversas especies que foron crecendo de maneira libre, dando forma nel a un bosque variado e húmido. Na propiedade tamén atopamos hortas e froiteiras, ademais dos usos gandeiros e un viveiro de produción de camelia, a especie que domina o xardín.  Alí florecen, tamén, rodondendros, azaleas, criptomerias, árbores de Xúpiter, tulipaneiros de Virxinia, un ombú ou un antigo Dicksonia antártcica. Aínda que, quizais, o que máis chama a atención é o seu interminable carreiro de oliveiras, datados ao redor de 1525. Na “Carreira das noivas”, o paseo pérdese por entre unha inmensa e espléndida variedade de camelias. De entre os seus elementos arquitectónicos, ademais do propio pazo, destacariamos a súa fonte barroca (a “fonte da coca”), o invernadoiro de madeira e cristal ou o seu estanque de nenúfares. Aínda que tampouco podemos deixar de sinalar o “recuncho de Jovellanos”,  lugar en que aquel finalizou a súa Memoria en defensa da Xunta Central, en 1811.

Árbores Senlleiras

  • Camelia do Pazo de Santa Cruz, Camellia japonica L.
  • Tulipeiros de Virxinia, Liriodendron tulipifera L.
  • Carballo fastixiad, Quercus robur L. Fastigiata
  • Washingtonias Robustas, Washingtonia robusta H.Wendl.
  • Ombú, Phytolacca dioica L.
  • Dicksonia, Dicksonia antarctica Labill.
  • Buxal, Buxus sempervirens L.
  • Retícula de Oliveiras, Olea europaea L.
  • Criptomeria do Pazo de Santa Cruz, Cryptomeria japonica (L. f.) D. Don elegans

Horario de visitas

  • INVERNO: Luns a Sábado, 10:00 a 13:00 e 15:00 a 18:00
  • VERÁN: Luns a Sábado, 10:00 a 13:00 e 16:00 a 20:00
  • Domingos e festivos: so pola tarde

Prezo de entrada

  • Luns pola mañana: entrada gratuita
  • Entrada xeral: 5€/persoa
  • Entrada grupo: 3.50€/persoa (mínimo 70€)
  • Visitas guiadas, previa solicitude

Artigo relacionado

“El libro de las maravillas del mundo, de Marco Polo.”

 

Address

Our Address:

Lugar de Ortigueira, Santa Cruz de Rivadulla 15880 Vedra (A Coruña)

GPS:

42.7724068011583, -8.42673744154672

Telephone:

Our Useful Features & Services

Servicios

Eventos

Tenda

Ruta da Camelia

Ben de Interese Cultural