Ao longo destes anos publicamos numerosos posts relacionados co Nadal e, por suposto, co xardín. Agasallos para os amantes da xardinería, libros para maiores e pequenos onde a natureza e o inverno son os protagonistas… Noutros, amosábamos como se engalanan os xardíns galegos para o Nadal e, mesmo, elaboramos tamén artigos nos que vos falamos da relación entre a natureza e a data do ano na que nos atopamos.

Hoxe gustaríanos lembrar algunhas desas propostas. Aquí ofrecémosvos unha pequena selección de artigos relacionados co Nadal que, esperamos, sírvanvos de inspiración para estas festas.

 

AGASALLOS para O NADAL

7 Boas ideas para agasallar aos nenos polo Nadal

Ensinámosvos algunhas ideas para agasallar a todos aqueles nenos aos que lles guste xogar entre hortalizas e plantas; tamén para esoutros que comezan a iniciarse na xardinería.

 

6 Agasallos orixinais para gozar máis aínda do teu xardín

Propostas orixinais para achegarnos un pouco máis á natureza.

 

Agasallos “made in Galicia” para xardineiros

Produtos de vangarda para os amantes do xardín, e á volta da esquina.

 

Fotografía vía La Madriguera Workshop

 

7 Bos agasallos para xardineiros

Un pequeno listado con agasallos cos que premiar a quen se portou ben durante todo o ano

 

6 Ideas con plantas para agasallar este Nadal

As plantas non podían faltar na nosa selección de posts do Nadal. Aquí deixámosvos algunhas preciosas plantas coas que adornar o interior e o exterior das nosas casas.

 

 

DECORACIÓN

DIY: Coroa de nadal con ramas naturais.

Animádesvos a crear vosa propia coroa? Neste post facilitámosvos os pasos para seguir.

 

Nadal no xardín

Falámosvos da decoración do Nadal nos xardíns e da orixe da tradición da árbore de nadal.

 

Nadal nos xardíns galegos

Fotografías do Nadal dalgúns dos nosos mellores xardíns.

 

Fotografía vía Pazo de La Saleta

 

Xardíns para visitar en Nadal I

Fotografías e información dalgúns dos xardíns internacionais máis impresionantes en Nadal.

 

Xardíns para visitar en Nadal II

Seguimos cunha viaxe a través dos xardíns máis populares das festas do Nadal.

 

O noso xardín tamén é decorable

Cada ano por estas datas adornamos o salón da nosa casa co atrezzo cegador que gardamos no armario pero, e os nosos xardíns? Neste post podedes atopar algunhas ideas prácticas para decoralos.

 

ARTIGOS DE OPINIÓN

Un Nadal diferente

Sobre o solsticio de inverno e os rituais de advento.

 

LIBROS infantÍS

Conto de Nadal waldorf: O pequeno abeto.

Un conto de inverno cun abeto como protagonista principal que poderedes atopar completo neste post. Pertence ao libro Cuentos para chiquitines (Editorial Rudolf Steiner), unha recompilación de  Heidi Bieler de contos curtos de todo o mundo.

 

 

Fotografía de Christine Chitnis, vía Gardenista.

 

 

6 Contos ideais para decembro

Unha selección de libros infantís acordes coa forma en que é aconsellable vivir os días previos ao nadal.

 

 

Espero que esta selección de artigos sexa de voso agrado. Botades algún en falta?

 

 

* Fotografía portada de Anson Smart, vía Gardenista.

 

 

Engadir comentario