Dirección e guión: José Manuel Mouriño, sobre textos de X. Kapelán.

Produción: Fundación Luís Seoane e Concello de A Coruña.

Búsqueda e selección de localizacións: Eva Barcala e José Manuel Mouriño.

Duración: 62 minutos.

Este documental serviu como apoio á candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade.

SINOPSE:

O faro é unha figura ambigua, atópase sempre situada entre o mito fundacional e o relato apocalíptico. A súa ubicación é unha sinal máis de dita ambigüedade pois sitúao sempre próximo a unha fractura: sinala o perigo que axexa constantemente á navegación marítima pero marcando, ó mesmo tempo, o inicio (ou o fin) da civilización e o fin (ou inicio) do caos que xorde das profundidades marinas. A súa esencia lumínica vincúlao incluso á imaxe da orixe do mundo -e ó propio cine- e a intermitencia de dita luz, a reflexións sobre a temporalidade e o instante. O faro en funcionamento máis antigo do mundo, a Torre de Hércules (construida no S.II d.C.), representa como ningún outro a proximidade do faro a ensoñacións mitolóxicas. A súa orixe atópase, como narra unha lenda, no momento no que Hércules deu morte a Gerión mediante a súa decapitación e sinala, co enterramento da cabeza decapitada do monstruo baixo os cimentos do faro, o momento no que se funda a cidade da Coruña. De novo, unha orixe.