Eva Barcala e José Manuel Mouriño proxectaron o xardín “Eloxio á Espera”. Formou parte, xunto con outras 11 propostas, do Festival Internacional de Xardíns de Ponte de Lima. O tema escollido naquel ano era o de “As artes no jardím”. O xardín consistía nun terreo espido no que se sembrarían sementes de flores silvestres e sobre o que se instalou un tramo de vía férrea ficticia (con raíles, pedras e travesas de madeira). Co paso dos días, as flores medraron ocultándoa en parte. A intención dos autores era a de resaltar a fermosura das plantas silvestres e introducir un elemento temporal para que o visitante puidera descubrir un xardín en permanente evolución (durante o tempo que duraría aquel festival aberto ó público).