Parque de Santo Domingo de Bonaval

O de Bonaval é un parque de 35.000 metros cadrados de deseño contemporáneo, ubicado entre o CGAC e o convento de Santo Domingo de Bonaval. Os seus autores, Álvaro Siza e Isabel Aguirre, basaron o seu proxecto na pedra, a auga e o verde natural, recuperando outros elementos existentes previamente á execución do parque actual. A armoniosa conexión que alí se establece con respecto á arquitectura circundante, fixo que este espazo fose galardoado co premio nacional de arquitectura “Manuel de la Dehesa” en 1997. Trátase dun lugar perfecto para desconectar do bulicio compostelán sen sairse do mesmo centro da cidade. Dende unha das súas primeiras terrazas (o parque está ubicado en pendente) é posible apreciar unha das máis fermosas vistas da catedral de Santiago e da propia cidade.

Horario de visitas

  • INVERNO: 08:00 a 20:00
  • VERÁN: 08:00 a 23:00

Precio de entrada

GRATUITO

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

Categorías e servizos dispoñibles

Acceso a minusválidos

Servicios

Cafetería

Museo

Tenda

Web:

http://www.santiagoturismo.com/

Teléfono:

+34 981 542 451

GPS:

42.88295037742586, -8.537307886793997

Enderezo:

Rúa de Bonaval, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

Data:

Engadir comentario