¿Quen somos?

Galiciangarden.com naceu en 2016 co obxectivo principal de divulgar e promocionar os xardíns de Galicia. Ao longo destes anos foise transformando nunha web mais persoal onde, ademais, mostramos diferentes formas de entender e relacionarnos cos xardíns, a natureza e a arte. E como non hai xardíns sen persoas e sen plantas, a elas lle dedicamos tamén boa parte dos nosos contidos.

Animámosvos a descubrir, xuntos, o extraordinario mundo dos xardíns e dos mil e un argumentos que os acompañan.