Un amigo de galicianGarden que está a piques de rematar unha estancia de investigación no Xapón, o especialista en manga xaponés José Andrés Santiago, envíanos dende Kyoto fotografías do maravilloso espectáculo das cerdeiras en flor. En canto regrese a Galicia prometeunos unhas liñas sobre os xardíns xaponeses. Agardamos con impaciencia o seu retorno!

Estas son algunhas das imaxes:

Parque de Maruyama, as marxes do Kamogawa, Paseo da filosofía…

Parque de Maruyama:

Se queredes saber máis sobre o traballo de Jose Andrés entrade na súa páxina web: http://www.jsantiago.es/

Engadir comentario