abril 17, 2016

Schedule

Date:

6 ª Feira de sementes e plantóns ecolóxicos. Fundación Galicia Verde.

O domingo 17 de abril terá lugar a 6ª Feira de sementes e plantóns ecolóxicos na sede da Fundación Galicia Verde, Leboso-Forcarei.

Algunhas das actividades que se realizarán son as seguintes:
• 11:00 h. – Inauguración da Feira coa intervención da Alcaldesa de Forcarei, Dna. Belén Cachafeiro Anta.
• 11:30 h. – Anxo Moure (contador de historias) & Servando Barreiro (violín) presentarán o seu proxecto ‘A Música das árbores’, co que nos acompañarán ao longo de toda a xornada con acordeóns, frautas, pandeiretas, bailes, contos … e paseos no burriño ‘Caramulo’;
• 12:30 h. – Presentación do taller de fabricación de pan a cargo do ‘Movimiento Haz tu Pan de Verdad’ (Oleiros, A Coruña);

Tanto as actividades antes indicadas coma as propias da Feira discorrerán ao longo de toda a xornada.

Haberá postos con ofertas de todo tipo de comidas ecolóxicas e vexetarianas; embutidos de especies orixinarias de Galicia (coma o porco celta) así coma de cabalo e poldro criados en liberdade; empanadas, pan e postres de elaboración artesanal; pasta de algas; pizzas en forno de leña; sobremesas sen glute, sen lácteos, sen sucre; doces fabricados con mirabel; crêpes vexetais; cervexas artesás; tendas de venda ‘on line’ de tés, infusións, inciensos, condimentos culinarios …

Ademáis de postos de plantón de horta, plantas medicinais, as sementes da Fundación G.V., o intertroco de diversas variedades de sementes (a cargo da Rede Galega de Sementes); cosmética natural e aceites medicinais, coa incorporación de novos produtos; o comercio xusto e as tendas de produtos biolóxicos; a edición de publicacións sobre temas de agricultura, xeoloxía, ecoloxía …

Para máis información: http://www.fundaciongaliciaverde.org/

Venue:

Leboso-Forcarei (Pontevedra)