Situado en San Vicente de Meis (Pontevedra), a finca inicial foi adquirida por Margaret e Robert Gimson, matrimonio británico, quen coa axuda da arquitecta paisaxística Brenda Colvin, crearon este xardín de estilo inglés, a partir do ano 1968, con especies traídas de todo o mundo. Alternaron árbores autóctonas con variedades orientais, australianas, de Nova Zelanda, sudafricanas, sudamericanas, etc. Todas elas debidamente clasificadas e etiquetadas. O interese dos Gimson pola camelia proporcionoulles merecidos recoñecementos ao longo dos anos.
O xardín da Saleta “posúe unha das máis importantes coleccións botánicas privadas de España” segundo o Comité Español do Programa Home e Biosfera da Unesco. En 1996 unha parte da finca foi adquirida pola familia Rodríguez Coladas, que restaurou o pazo e a capela e continuou coa conservación e o incremento de especies ata doblar a colección que, endeixaran Robert y Margaret.
A visita será guiada por unha das propietarias quen nos explicará a historia e as especies botánicas deste xardín. Visitarase o xardín botánico, a capela, o palomar e unha pequena tenda situada na antiga bodega do pazo.. Acompañarannos xardineiros e profesionais do sector.
Precio por persoa: 12 €. O pago realizarase por transferencia bancaria antes de realizar a visita.
Máis información e inscricións: info@galiciangarden.com 658 081 269 / info@agaexar.com
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo como aperitivo do que veredes na visita: