O da Saleta é un xardín que sorprende ao seu visitante xa a primeira vista. O seu carácter “asilvestrado”, a súa integración coa contorna, poden despistar nun primeiro momento e facer pensar que non se trata do coidado xardín que alí se atopa. Foi creado sobre un terreo de cultivo en desuso e que presentaba unha considerable pendente. Os seus antigos propietarios, o matrimonio Robert e Margaret Gimson, comezaron a introducir en 1968 especies foráneas de climas similares ao das Rias Baixas, terminando por convertelo nun auténtico xardín botánico. Para iso, baseáronse nun deseño da paisaxista Brenda Colvin, o cal se correspondía co que se coñece como “wild garden”. Unha das especies que máis éxito tivo pola súa gran adaptación aquí foi a camelia, polo que podemos atopar variedades de viveiros de Inglaterra ou mesmo EEUU xunto a outras xoias botánicas de todo o mundo.

Horario de visitas

Necesaria cita previa

Precio de entrada

  • A consultar

 

 

Address

Our Address:

Sobreira 2, 36637 Meis (Pontevedra)

GPS:

42.51927223856707, -8.716812679901068

Our Useful Features & Services

Acceso a minusválidos

Servicios

Ruta da Camelia