xardíns do camiño
En galiciangarden.com sempre defendemos a interpretación do patrimonio natural galego como un inmenso xardín. De todas as sendas que o cruzan, a Ruta Xacobea é sen dúbida a máis importante, tanto a un nivel simbólico como pola riqueza económica e cultural que propiciou durante séculos. Coa creación de Os xardíns do camiño, proxecto subvencionado no programa de axudas da Xunta de Galicia “O teu Xacobeo”, a nosa web súmase ao traballo colectivo de todas aquelas institucións, empresas e persoas que farán do 2021 un ano santo memorable a tódolos niveis. O noso é un proxecto que nace coa vocación de abarcar distintos ámbitos de estudo e difusión dos xardíns de Galicia e dos espazos naturais que arroupan ao peregrino durante a súa travesía.
Por esa mesma razón, concibimos esta nova sección da nosa web como unha ferramenta en permanente evolución, como unha plataforma que promova unha vida sa e sustentable, así como un lugar idóneo para que a paixón polos xardíns, a natureza e a peregrinación agrame no maior número de amigos posibles… especialmente nos máis pequenos. Queremos dar a coñecer as excelencias de cada un dos xardíns e espazos naturais que o Camiño de Santiago esconde, ademais de todo o traballo e o esforzo que dedicaremos a isto, as vosas experiencias servirán como a mellor das sementes para alcanzar ese froito.
Galiciangarden. com dá hoxe inicio a unha peregrinación virtual, a través dese inmenso xardín que é Galicia e os roteiros que a ela conducen.
Camiñaremos e aprenderemos xuntos
Benvidos
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
— Camiño inglés
— Camiño portugués
— Camiño francés
— Vía da prata