Hoy os ofrecemos una entrevista muy interesante a Amancio Castro, ex-profesor de Ciencias Naturales y Educación ambiental y directivo de la Asociación Vaipolorío de Pontevedra. Durante años ha ido recopilando información sobre la tradición de las hierbas de San Juan en las parroquias del río dos Gafos (Pontevedra) y ahora, de la mano de Vaipolorío, publica una guía con todos los datos.
Aquí os dejamos la entrevista en gallego:
Moitos de nós coñecemos a tradición das herbas de San Xoán pero, ¿cal é a súa orixe?
Ven de tradición familiar, tradición pasada de avoas a fillas e destas ás netas….Isto implica que cada casa vai configurando a súa fórmula propia diferente ás das casas dos demais veciños.
A orixe é Pre-Cristiana, pois existen indicios do século VI en que estas prácticas foron perseguidas pola Igrexa, que non foi capaz de acabar con elas, entón adxudicáronlle a San Xoán os poderes máxicos destas tradicións para librarnos dos maleficios, envexas e meigas e deste xeito quedaron “santificadas” ata os nosos días.
h
¿Podería contarlles aos nosos lectores que é o «cacho»?
O “Cacho” é o recipiente de boca ancha, xeralmente unha tina, unha almofía ou unha tarteira de barro, onde se poñen ao orballo da noite de San Xoán as herbas máxicas.
Por extensión fálase de “facelo cacho” a todas as tradicións que van ligadas a ese evento como a procura da auga en certas fontes e a busca das distintas herbas, unhas na horta propia ou da veciñanza, outras no monte ou nas veigas.
h
¿Cales son as herbas máis comúns e cales son as súas propiedades?
As que máis se repetiron nas casas que interviron, das sete parroquias polas que flúe o Río dos Gafos, foron:
Herba Luísa, romeu, carrasquiña (tromentelo), poenxo (poleo menta), macela, malvarrosa, chuchameles (madreselva), folla de figueira, árnica (falsa árnica), folla de laranxeira, hortelá (amenta de auga), ruda, folla de nogueira, folla de cana, chopo branco, fiúncho, pétalos de rosas, folla de vide de viño branco, nébeda, flor de codeso, mentraste, folla de limoeiro, sabugueiro…
Contamos ao redor de 41 herbas diferentes nas testemuñas das informantes das sete parroquias que foron pasando cada ano pola celebración, número que poderíase duplicar se preguntáramos en tódalas casas, pois aínda que moitas se repiten, existen variacións.
En tanto ás propiedades, algunhas son medicinais, outras aromáticas, algunhas teñen aceites esenciais, outras máxicas coma a folla de cana que levaban os santos que sufriran martirio. Algunha ten todas as propiedades que te imaxines como a ruda.
h
¿Cambian moito estas herbas duns lugares a outros?
Existen unha serie de herbas que si se repiten pero como vos expliquei antes esta tradición ao ser das portas da casa para dentro, ten máis que ver coa procedencia dos membros da familia que dos lugares, polo que cada casa é un mundo. En canto ao número de herbas en cada cacho, ninguén fixo alusión a un número determinado, no noso caso oscilou de 11 a 24, (existe unha lista moi ampla na cabeza e as que se van atopando se lle botan).
h
Para todos aqueles seguidores de Galician Garden que queiran continuar ou iniciar unha tradición tan máxica coma a das herbas de San Xoán, ¿podería indicarlles cales son os pasos imprescindibles a seguir?
.
- Ter un cacharro onde se porán as plantas ao sereno.
- Enchelo con auga a poder ser dunha fonte, hai quen o fai de sete fontes. Se non hai fonte cerca, entón da traída que seguro terá auga de máis de sete fontes.
- Na tarde do 23 procurar algunhas das herbas da lista que vos comentamos e colocalas dentro do cacho, nun balcón ou terraza onde lle caia o orballo da noite de San Xoán.
- Na mañá do 24 de San Xoán, lavala cara con esa auga que nos protexerá contra tódolos males e nos deixará unha pel especial. Non se debe un secar.
Sobre o seu libro «As Herbas de San Xoán. Na contorna do río dos Gafos». ¿ Que pode contarnos sobre él?
O libro é o resumo de sete anos de por en valor esta tradición en todas a parroquias do val do Gafos.
Por último, e aproveitando que o río dos Gafos é o protagonista da súa publicación, gustaríanos pedirlle que nos falara sobre as virtudes do mismo e sobre o papel que xoga a Asociación Vaipolorío na súa conservación.
O río dos Gafos ten as mesmas virtudes que calquera dos mil ríos de Galicia. Son ríos cheos de vida, tradicións e lendas que as persoas temos que respectar e poñer en valor para desfrute de todos.
Vaipolorio ademais da limpeza anual e mantenza do sendeiro que o percorre, tamén traballa en por en valor a riqueza inmaterial ao longo de todo o seu curso.
d
f
Muchísimas gracias a Amancio Castro por la entrevista que nos ha concedido. Agradecemos también a la Asociación Vaipolorío la cesión de la imagen del río dos Gafos.
Artículo relacionado: Las siete hierbas de San Juan.
Ivi castro
ES genial Gracias por esta espectacular entrevista.
galicianGarden
Nos alegra que te haya resultado interesante. ¡Gracias!
Ivi castro
Cual es vustro Instagram
galicianGarden
Puedes seguirnos en la cuenta @galiciangarden ( clica en la columna de la derecha o en el símbolo de instagram que encontrarás al inicio y final de la página).