If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
De 8 hectáreas de superficie, este concurrido espazo verde do centro de Compostela, organízase en tres zonas: o Paseo da Alameda, a Carballeira de Santa Susana e o Paseo da Ferradura. A súa evolución foi constante ao longo dos anos. Posúe diversos elementos ornamentais e especies vexetais a destacar, coma os 66 exemplares da Camelia japonica, o coñecido como Tilo do Campo da Estrela (incluido no Catálogo de Especies Senlleiras de Galicia), un exemplar de Abies nordmanniana… Dende alí podemos gozar de extraordinarias vistas sobre a fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago. Trátase dun lugar cuxa importancia na vida dos composteláns é indiscutible, entre outros motivos, por atoparse ligada habitualmente a festividades e celebracións da cidade.
Árbores Senlleiras
Horario de visitas
Aberto sempre ao público
Precio de entrada
GRATUITO
http://www.parquealamedasantiago.com/
+34 981 542 451
42.87801252507, -8.5491854828513
Paseo das Letras Galegas, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Novembro 26, 2015