Artigo no catálogo ”Cabañas para pensar”

No catálogo da exposición “Cabañas para pensar”, de edicións Maia, inclúese un artigo de Eva Barcala titulado “Xurdir da nada. Dereck Jarman e o xardín de Prospect Cottage”. Aquí tendes un pequeno estracto:

Jarman foi creando así un xardín “imposible”, sobre un terreo pobre, con abundantes pedruscos e escasa vexetación. Ao axardinar aquel lugar, este cineasta propón unha “escenificación” persoal de aquela superficie, a partir das variedades que aquel entorno e as súas condicións ofrecen. Traballo de atrezzo ao que hai que sumar a súa vocación escultórica. O director non só “modela” con plantas o seu xardín, senon que tamén ubica esculturas (de materiais diversos) nel. Detrás da casa, na zona máis informal e azarosa, utiliza metal e madeira: grupos de sacacorchos oxidados, anclas da praia, unha vella ventana… Na parte frontal da casa destacan as formas xeométricas, circulares, con grava fina, pedras de distintos tamaños e cunchas do mar. De maneira que a importancia da pedra e da grava se multiplica coa suma das súas esculturas, nas que as pedras que emrpega para aquelas, exercían para Jarman un misterioso poder de atracción. O xardín, entón, comeza a crearse paulatinamente, a medida que Jarman combina o seu gusto pictórico (e escultórico), a súa experiencia en xardinería e as súas conviccións ecolóxicas, ao incorporar ao seu terreo unha madeira vella que serve de titor a un rosal silvestre ou unhas pedras que protexen plantóns de Cambre marítima. Da combinación da grava e a pedra “escultórica”, nace entón unha disolución dos bordes do seu xardín co medio que o rodea para crear unha nova paisaxe, que combina esculturas de pedrusco, táboas que o mar arrastra ata a praia, plantas e arbustos, vellas ferramentas e outros elementos introducidos por el mesmo.

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
Categoría:
Data:

Engadir comentario