If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.
O xardín rodea a coñecida Casa do Cuadrante, onde se ubica o museo do escritor Ramón María del Valle Inclán.
O conxunto, de 1460 metros cadrados, está delimitado por un muro de pedra. No seu interior atopamos un xardín representativo da xardinería galega do século XIX, con elementos típicos como emparrados, escaleiras e pilón de pedra, bancos, musgo, frutais… ademais de antigas camelias, un teixo, unha árbore de Xúpiter de gran tamaño e un magnolio centenario.
A casa, propiedade dos avós maternos de Valle-Inclán, e onde naceu este autor, foi declarada Monumento Histórico Nacional. Construiuse no século XVI sobre una antiga fortaleza e pasou por varias reformas ata o día de hoxe.
O xardín, que o escritor visitaba con frecuencia, serviu de inspiración para algúns dos seus escritos máis coñecidos.
+34 986555493
42.56292068595977, -8.82719575860267
Luces de Bohemia s/n 36620. Vilanova de Arousa. Pontevedra
Novembro 17, 2016