Situado no interior da ría de Vigo, nunha das ladeiras do val do río Verdugo, atopamos o Castelo de Soutomaior. Está rodeado dun espazo verde de 25 hectáreas, e é o primeiro Xardín de Excelencia Internacional de España (desde o 2012). A combinación do castelo co xardín, dá como resultado un atractivo histórico que dialoga co relaxado paseo do que gozamos por entre os seus encantos naturais. A transición coidada entre a masa arbórea e arbustiva permítenos descubrir a súa singularidade botánica: once especies catalogadas como monumentais, castiñeiros de ata 800 anos, unha zona hortofrutícola con variedades autóctonas de viñedo e froiteiros, e unha importante colección de camelias e roseiras, entre outros.

Árbores Senlleiras 

  • Araucaria Araucana, Araucaria araucana (Mol.) K. Koch
  • Camecíparis de Lawson, Chamaecyparis lawsoniana (A. Murr.) Parl.
  • Criptomeria, Cryptomeria japonica (L. f.) D. Don elegans
  • Secuoya roja Sequoia sempervirens (D. Don) Endl.

Horario de visitas

  • INVERNO: Martes a Domingo, de 10:00 a 20:00
  • VERÁN: Luns a Domingo, de 10:00 a 21:00

Precio de entrada

  • Visita gratuita aos xardíns
  • Visita ao castelo: 2€/persoa; 1€/ persoa para grupos de máis de 10 persoas, discapacitados, desempregados ou estudantes

 

Address

Our Address:

Rial s/n 36691 Soutomaior, Pontevedra

GPS:

42.329690086665, -8.5680527457248

Our Useful Features & Services

Acceso a minusválidos

Servicios

Eventos

Restaurante

Museo

Cafetería

Ben de Interese Cultural